Publicado en Cartas al Director de La Región el 10/11/2001
¿Qué pasa en Maceda?
Todo indica que a monotonía, peor, a decadencia seguirá instalada en Maceda. Dende a cortesía que me brinda esta columna, pregúntome en alto:
¿Qué papel pinta esta indecisa oposición en todo iste panorama, tratando de especular e mesmo confundir a cidadanía lanzando globos sonda para ver como calaría unha moción de censura?
¿Despois de tantos anos na oposición, o señor Seara ainda non acabou de aprender o digno oficio de moverse na oposición e aproveitar todas as cartas?
¿Acaso é que en realidade tanto o señor Aldemira, como o señor Seara, como a señora Morenza esconden un excesivo inter´s personal ó pretender acaparalo todo rexeitando así toda regla solidaria e democrática tal como está facendo o señor alcalde?
Entre a prepotencia e a inoperatividade de unhos por unha banda, e por outra banda a falta de decisión (porque acordo o entendemento según parece xa hai), ós veciños de Maceda non nos queda máis que resignación. Teremos que seguir pasando por un barrio do Buratiño sin aceras, por unhas Canteiras sin aceras, por un Matadeiro sin aceras…, e por que é peor, ver como día a día o que pode escapa daiquí e os que quedemos, sofrir en propia pel como a vida social, cultural e comercial está facendo "missing".
Señores da oposición, esta é a espoleta: A Corporación dimite e non se entende entre ela porque o bastión principal, que é o alcalde, non lles permite facer máis que ó que este pobre veciño de Baldei lle surxe a duras penas da sua recía e parca intelixencia, o que provoca que permanente este sumido en crisis o propio grupo de goberno, negándose a tomar posesión os seguintes na lista. Inocuo e impasible diante problemas tan graves como as normas urbanísticas e os pagos ós acreedores. Dantesco, ó ordenar o embargo directo de contas nesta situación de crisis. Incapaz de entrevistarse con ninguén que non sexa Baltar. Nula sensibilidade cas asociacións e colectivos.
Que me conte alguén algo novo e positivo que nos sexa a colocación de catro farolas por unha brigada vergoñenta (¡si honrosa!) formada por catro rapazas.
Todo indica que a monotonía seguirá instalada en Maceda ata que nas vindeiras eleccións, calquer grupo de veciños nós xuntemos, para afrontar dun xeito firme o empuxe que precisa a vila, e así acadar o estatus comercial-social que durante década tivemos como cabeceira de comarca.
J.C. (un macedano doido de verdade)