Por fin arranca a I Carreira Popular das Neves.
Farao dende a Praza de Maceda as 19:00h do serán cun percorrido de 10 km do cal vos manteremos informados.
As inscripcións serán GRATUITAS e poderanse facer a través do correo electrónico manzanedadelimia@hotmail.com, presencialmente non Concello de Maceda, ou ben chamando ó teléfono 988463001 en horario de mañán.
O prazo de inscripción remata o vindeiro 8 de agosto e recordar que os dorsais poderánse retirar ata media hora antes do comezo da carreira nunha carpa que se instalará na praza.
No caso de facer a inscripción mediante correo electrónico, teredes que deixar tódolos vosos datos, así como un teléfono de contacto.
No caso dos máis cativos a organizacion está a deseñar un percorrido alternativo máis reducido, para que tamén eles poidan disfrutar desta xornada deportiva.
A saída dos máis cativos farase posteriormente á dos adultos.
O circuito contará, como citamos anteriormente, cun percorrido de 10 km e dous puntos de control e avituallamento. Os tempos serán controlados en todo momento pola organización publicándose na semana seguinte en internet mediante www.manzanedadelimia.blogspot.com e www.macedavirtual.com.
Dende a A. X. C. Manzaneda de Limia esperamos contar coa participación de todos e mandarvos un forte saúdo.