Organizado pola Asociación Cultural Manzaneda de Limia
Este ano queremos facer algo novo para as Festas das Neves.
¡¡¡O teu debuxo pode ser o elixido para realizar os panos das Festas!!!
¡¡¡Participa no deseño dos panos das Festas de Maceda 2008!!!
Deixa o teu debuxo ata o 12 de Xullo no Concello ou mándao ó correo manzanedadelimia@hotmail.com acompañado do teu nome, dos teus apelidos e do teu enderezo.
Poderás votar entre o 13 e o 20 de Xullo no Blog manzanedadelimia.blogspot.com ou no concello.
O premio son 4 tickets para a cea popular das Festas das Neves
TEMA:
FESTAS DE MACEDA 2008
ORGANIZA:
ASOCIACIÓN MANZANEDA DE LIMIA coa colaboración do CONCELLO DE MACEDA