A Galega repón Maridos e Mulleres
Enviado porAlberto el 02/07/2008 07:01
Contribución de Alberto
Con participación macedana
A galega comezou onte a reposición da serie “Maridos e Mulleres” coa participación no papel de Mónica, da actriz macedana Cristina Pascual. Dirixida no ano 2006 por Xerardo Rodíguez, interveñen tamén actores moi coñecidos no panorama televisivo galego tales como, Dorotea Bárcena (Amadora dos Tonechos) e Pedro Alonso (Padre Casares).
Sinopse da serie: "En calquera momento, cando ninguén o espera, a vida pode deixar de ser tan tranquila como parece. Isto é o que lles ocorre aos habitantes da urbanización Os Anxos, arredor dos que se desenvolve o argumento da desta serie. En Maridos e mulleres, a combinación de humor e misterio intentará sorprender a audiencia, que poderá deixarse levar polas protagonistas da trama, mulleres ambiciosas, intrigantes, independentes e egoístas. Todo parece seguro, tranquilo e civilizado na urbanización Os Anxos, onde conviven comodamente familias de matrimonios novos e parellas con fillos. Todo un paraíso de seguridade onde nada escapa da norma ata que un día, misteriosamente, Tomás Castro, veciño, marido e pai exemplar, desaparece. As investigacións revelarán que en realidade era un verdadeiro descoñecido mesmo para a súa familia. A desaparición de Tomás actúa sobre todos como un resorte que manifesta os segredos e conflitos agochados baixo o disfrace de barrio residencial."
Podese ver tódolos martes a partir das dez da noite na televisión de Galicia.
|
|
| |
 |
Login |
 |
|
|
¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.
|
|
|
 |
 |
Votos del Artículo |
 |
|
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
|
|
|
 |
|