As festas das Neves teñen que ter boas orquestras
Enviado porAlberto el 25/06/2008 07:01
Contribución de Alberto
Entrevistamos a Xabier Oviedo, para saber os eventos que nos deparará o próximo verán
A entrevista de hoxe en MacedaVirtual vai dirixida ó Alcalde de Maceda, Xabier Oviedo para que nos comente as próximas actividades culturais e lúdicas que se desenvolverán nos próximos meses de verán no noso municipio.

- Para comezar, ¿Cómo se atopa despois dun ano de dedicación ó Concello? ¿Pasoulle rápido?
- Pasouse moi rápido, evidentemente porque cando estás cunha responsabilidade de goberno como é a de Alcalde, sempre traballas co tempo. Sempre estás con proxectos para a semana, para o mes que ven e eso provoca que a vida vaia moito máis rápida. A parte, tés todo o día ocupadísimo o que fai que pasen os días que nin te enteras. Dende o punto de vista de ilusión, pois segue intacta coma o primeiro día. Incluso máis. Agora que levo un ano dentro, doume conta das infinitas posibilidades que tés para facer cousas no teu pobo. Eso é o que te leva a estar cada día máis ilusionado, aínda que saibamos todos que os medios que ten o Concello son limitados en canto a euros, xa que o final todo se basea en ter cartos ou non. Todo non se pode facer a vez, o que nos leva a planificar as cousas e que se vaian cumprindo na medida do posible. Insistir na idea de que cada día estou máis ilusionado. Creo que despois de este primeiro ano no que todo o mundo coincide en que sempre soe ser o peor. Da forma que o soportei creo que garantiría que o soportaría moitos anos neste cargo sen queimarme.
- Sen pretender que esta entrevista teña carácter político. Si me permite fareille algunhas preguntas en relación ó Castelo, xa que é un tema de gran interese para todos os macedáns. Unha vez recuperado, dixérase que a partir da primavera volvería a estar en funcionamento con novos xestores. ¿Cómo está a situación do monumento nestes momentos? ¿Existe algún impedimento xudicial para a súa concesión a outros xestores?
- Pois coincido contigo en que o tema do castelo é prioridade máxima. Case foi o meu eixe da campaña electoral e foi unha das cousas cas que me puxen ó chegar a Alcaldía a cumprir de inmediato. Que pasa que aquí no tema do castelo te atopas sempre cunha parte legal que non depende sempre da túa, e os tempos non se corresponden sempre cos que tu te marcaches. Recordade que cando comezamos a quitarlle a concesión, eu dixera que en quince días estaba resolto, despois non se foi capaz de facer en quince días cumpriron dous meses, porque claro, ninguén se esperaba que se pechara dentro. Cando tes que ir a unha orde xudicial xa non depende de ti, depende de cando o xuíz decide cando che da as chaves. Tamén é certo que lle estamos moi agradecidos ó sistema xudicial neste caso porque foi moi rápido, xa que as veces estas ordes xudiciais poden ser incluso bastante máis longas. Efectivamente, despois diso nós tiñamos a ilusión de volver a abrir o castelo para este verán, xa que nos parecía o ideal, pero claro os tempos despois na realidade son outros. Sí que se podía legalmente reconcesionar o castelo, pero se podía ter reconcesionado ó día seguinte ó da orde xudicial. É dicir, podería estar xa o castelo funcionando xa dende o mes de decembro. Pudemolo haber feito así e cumprir con creces a promesa de telo na primavera. Cal é o problema. O problema é que si fixeramos esa concesión teríamos que facer exactamente a mesma concesión que a que tiña o anterior concesionario e por coherencia, unha das cousas nas que nos baseamos para quitarlle a concesión, era en que non nos parecen unhas bases apropiadas. Non vou a dicir, quítolle a un o castelo porque non me parece apropiado o contrato que ten e doullo a outro coas mesmas condicións. Eu creo que é preferible o esperar uns meses máis, con esto non estou votando balóns fora. Creo que teño demostrado en que estou encima do tema e probablemente ata outono ou inverno non seremos capaces de sacar as novas bases ca idea de ter todo listo para a Semana Santa. Preferimos esperar estes meses para resolver todo o tema xurídico que xa non xudicial, e el evidentemente non vai nin volver, non ten ningunha posibilidade. A parte todos os encontros que tivemos na xustiza leva perdéndoos todos e gañado o Concello. Iso non me preocupa, pero si que teño que liberar totalmente a situación e volver o castelo a hai tres anos, partir de cero. Empezar a funcionar no sentido hosteleiro, porque no punto de vista cultural xa todos os macedáns xa saben que leva moitos meses funcionando. De feito leva habido máis actividades culturais alí dende que conseguimos a orde xudicial hai seis meses, que nos últimos tres anos. Todas as presentacións de libros, catas, todas actividades que facemos prácticamente as concentramos alí. Incluso este ano vaise facer alí o peche do curso da escola municipal de música de maceda co concerto de fin de curso. Penso que conseguimos que moitos dos veciños xa teñen claro que o castelo está recuperado e que se pode disfrutar e para aqueles outros que tamén entenden que o castelo ten que ter un restaurante e cafetería, pedirlles que teñan un pouco de paciencia e que se resolverá canto antes.
- ¿Foi este un dos asuntos que máis lle quitou o soño durante este ano?
- Non, no me quitou demasiado sono. Eu sempre fixen a promesa dende o punto de vista de responsabilidade. Eu non me caracterizo e o meu grupo menos en facer promesas que despois non se dan cumprido. De feito somos os que nunca prometemos nada cando imos de campaña. Este tema do castelo evidentemente tíñamolo moi ben estudiado por eso saíu tamén ben. Nós sabíamos que a situación finalmente a íamos a gañar, en todo caso o castelo sempre é noso, e cando ti es propietario dunha cousa pois por moitas voltas que de o outro ó final quedaste ti con el, aínda que iso che teña uns custos económicos. O que me quitaba a min o sono e non tanto, porque que eu sempre fun unha persoa bastante segura de min mesma, era a impotencia que sentíamos naqueles días, sobre todo o primeiro mes, cando aparecía el como que tiña todos os dereitos do mundo e ver como había que esperar por unha orde xudicial. A pesar do peso que tubo a maniobra, date conta que foron momentos difíciles, eu puden haber metido a pata e iso tería custos políticos, pero eu penso que puxen da miña parte toda a tranquilidade que teño e penso que soubemos levar a situación ben e así saíu de ben, xa que ata agora a xustiza está dándonos a razón en todos os xuízos que se celebraron e nos que lle suspenderon a el por mal plantexados. Hai que recordar que el me levou a min ante un xuíz dicindo que eu era case un delincuente e claro, o xuíz a parte de suspenderlle o xuízo dixo que iso lle podería traer custos.
Nas próximas preguntas iremos degrañando as actividades organizadas por parte do Concello e en concreto as do área de Cultura que vostede dirixe. - A XI Festa Medieval. O ano pasado suspendeuse, anunciándose novo enfoque, outras datas de celebración, e incluso cambio de lugar. ¿Haberá Festa Medieval este ano? ¿Cales serán as novidades?
- Hai festa medieval este ano. ¿Por qué suspendemos a festa o ano pasado?. Non foi ningún capricho, estivemos incluso a punto de non suspendela. Nós chegamos ó goberno e non dixemos a ver que facían os outros para facer agora nós todo o contrario, iso sería un erro de base. Cando chegas tes que pensar que festas funcionan e cales non funcionan. Atopamos cunha festa medieval que gustaba a xente pero que non funcionaba o noso entender. Aínda que había partes que si funcionaban, como a comida no castelo que sempre funcionou de marabilla. Pero logo había a parte medieval onde se pretendía que xente do pobo se vestira da época e participar na festa, e esa é a parte que temos que recoñecer que nunca funcionou, xa que era minoritaria a xente que se vestía. Entón decidimos cambiarlle o enfoque, e iso no mes e pico que levábamos no goberno non era posible. Nun principio cambiaríase de data porque o mes de xullo está máis baleiro de actividades e agosto moi cheo. Atopámonos que os artesáns non están dispoñibles porque teñen outros compromisos, co teríamos unha festa medieval sen artesáns co que non tería sentido. Non nos queda máis remedio de manter as datas para o 17 de agosto como ata agora. O cambio de enfoque será máis artesanal e gastronómico, xa que se a xente non se quere disfrazar, para que nos vamos a empeñar en que a xente se vista. Levarémola máis o entorno gastronómico que era a parte da festa que sí gustaba e traela para o pobo, desta maneira o pobo estará máis vivo e para os negocios que son importantes na economía da vila. Pensamos en poñer a tódolos artesáns abaixo, facer algunha actividade no centro e a comida na carballeira coma antes. Logo pola tarde haberá que buscar algún atractivo que provoque que traia a toda a xente detrás para o pobo. De esta maneira se alternará un pouco o que había co que se pretende facer. Creo que o intelixente das cousas non é acabar co que facían os anteriores, se non saber aproveitar o mellor dos anteriores e tratar de darlle tu o toque oportuno.
- As Festas das Neves 2008. O pasado ano pilloulles con pouco tempo para súa organización. Neste caso, con todo un ano sería todo moito máis fácil…
- Sí, hai que partir dunha base. As festas das Neves teñen que ter boas orquestras. Non se trata de unha aldea, nin dun pobo. Estou convencido que Maceda é unha vila e necesita unha categoría de festas que se merece. Hai que apostar por orquestras boas e espectáculos que merezan a pena. O ano pasado cando chegamos tiñamos a festas a mes e medio. Fixémolas nun tempo record e creo que xa lle demos un cambio suficiente en canto a calidade. Rematamos con aqueles palcos de fai tres anos, no que algún grupo se negou a actuar por medo a que se caese o palco. Fomos capaces de contratar orquestras de nivel e este ano imos seguir nesa liña. As orquestras incluso van a ser mellores e nuns días pasareivos a relación delas porque agora non me acordo de memoria.
- ¿Podemos saber aproximadamente que presuposto terán as Neves 2008 e como se financiarán?
- O investimento será maior cas do ano pasado. Eu atopeime que o Concello aportaba ás festas doce mil euros. O que iso me parece unha cantidade irrisoria, xa que iso case costa a orquestra do sábado. Unha delas, porque van a vir dúas. Entón incrementamos neste orzamento que vimos de aprobar a trinta mil euros para as festas das neves e a partir deso están os vinte mil que aportan os veciños voluntariamente. Xuntámonos cunha cantidade de cincuenta mil euros coas que se pode comezar a falar para ter unhas festas como deus manda. O ano pasado notóuse que houbo unha recuperación brutal da economía dos locais durante os días das festas. O ter boas orquestras e bos espectáculos, a ter orquestras mediocres ou espectáculos mediocres, como se tiña antes, iso repercute nas Festas das Neves, e temos que apostar por eso. Temos outras razóns: calquera vila que se quera promocionar turística e culturalmente ten que ter unha, dúas... nós imos ter tres festas ó longo do ano para identificarnos con eso. Temos a sorte de ter as festas patronais no mellor momento do ano, e eso é un compoñente moi importante. A segunda ten que ser evidentemente o Entroido. Xa dixen que o triángulo do entroido rematou, agora terá que ser un cadrado xa que temos unha figura “O Felo”. E o magosto porque é unha festa popular que lle gusta a todo o mundo. Este ano involucramos a todas as asociacións e viuse que é unha das festas polas que merece a pena apostar.
- ¿Volverase facer a cena popular do venres?
- Sí, si, claro. Eso foi unha idea que se nos ocorreu –modestia aparte- o ano pasado ó chegar e que deu un resultado espectacular. Levámonos unha sorpresa porque non imaxinábamos que lle fose a gustar tanto á xente e que tivera un nivel de participación tan alta. Este ano incluso se vai a reforzar, xa que esta festa faise a medias entre o Concello e a Asociación Taberneiros do Pobo, e da que eles tamén son partícipes de este éxito. Eles están máis animados e nós dende o Concello tamén. Para os internautas que non estiveron pero que sí poideron ver as fotos nesta web, coincidirán en que o ver a rúa chea de mesas, cheas de xente e a paella xigante, eso é unha cousa sorprendente. Penso que é unha das cousas máis bonitas que se poden facer en todo o verán porque cenamos na nosa praza da vila, todos os veciños independente de cómo pensan, de cómo viven, de cómo traballan, compartindo unha cena. Eso creo que é unha actividade que nos leva a unha unión veciñal total.
- A colaboración por parte do Concello en actividades promovidas por distintas asociacións ou entes volverase a repetir. Unha delas é a próxima Concentración de Motos que se celebrará o 5 e 6 de xullo. Sabemos polo Presidente de Moto Meda que vostede deu o seu total apoio para que esta concentración se volva a celebrar. ¿Cal é a súa razón?
- Primeiro agradecerlle o presidente de Moto Meda que faga esas afirmacións sobre min. ¿Dicir porque apostei? Moita xente que lea esta entrevista, e o presidente de Moto Meda, serán testemuñas de que eu dende sempre apoiei ese evento. O que pasa que antes non era Alcalde, e daquela nin sequera estaba na oposición, pero sempre me pareceu unha actividade interesante. É unha forma moi boa de promover a nivel turístico a nosa zona. Date conta que das catrocentas motos que veñen, moitas veñen de León, de Asturias, Pontevedra, Vigo, Madrid do sur de todas partes. É unha cousa boa economicamente para a vila, xa que por aquí pasa nun fin de semana moita xente e iso tense que notar. Eu lémbrome de aqueles anos da concentración, o luns seguinte tomando café co director de banco de turno, no que decía que o notara no caixeiro que houbera un movemento bestial. Iso é o mellor termómetro. Nunha vila no que cuadriplicou o funcionamento do seu caixeiro na praza, eses cartos están nos locais, na gasolineira, nos comercios e sobre todo na hosteleiría. E aparte é unha actividade bonita. A quen non lle gusta en Maceda ver catrocentas motos nun fin de semana dun lado a outro. A xente maior non é moi afecioada ós deportes de motor, pero pásanse as tardes na praza vendo as motos. Nas entrevistas non se soen dar nomes propios, pero nesta haberá que dalo. Debémoslle estar sempre agradecidos ó Manel que sempre foi o promotor destas cousas, porque el non se da conta do favor que lle fixo á vila durante todos estes anos. Eu en canto accedín á Alcaldía púxenme en contacto con el e animeino a que a faga, porque nunca entendía porque se deixou de facer. Sabía que se deixara de facer por non ter apoio institucional o que non entendía era porque non se lle daba ese apoio. Agora séntome na obriga de ofrecerlle todos os recursos do Concello posibles.
- Un Entroido Quente-Rally do Humor, a Festa da Malla, son algunhas das celebracións que sabemos a día de hoxe que se van a organizar. Parece que as asociacións teñen moitas gañas de facer cousas… ¿Qué opinión lle merece?
- Primeiro fecilitar a todas as asociacións, porque nos deron unha acollida moi boa. A verdade é que é unha gozada chegar a un goberno dun sitio no que chamas os colectivos e veñen todos a decirche que o que faga falta. Temos un montón de asociacións culturais en Maceda tremendas. E a nosa responsabilidade é tratar de unificar recursos e tratar de ilusionar á xente coas cousas que se fan dende o Concello. Nós nunca fixemos ata a data ningunha festa sen antes convocar a todas as asociacións para que dean a súa pincelada e ata onde poden e queren colaborar. E iso fai unir a xente, dunha desas reunións precisamente saíu a idea da cena do venres das festas, porque a xente se empezou a animar e nós tamén.
- Moitos macedáns de fora volven ós seus lugares de orixe e aproveitan para estar nas festas que se celebran nas distintas localidades do municipio. Por citar algunhas, Tioira, Foncuberta, Chaioso, Don Franque … ¿Existe algunha iniciativa por parte do Concello para promover estas festas populares e evitar así que desaparezan?
- A nós parécenos fundamental que os pobos teñan as súas festas. Agora, o aspecto legal fai que todo sexa máis complicado: hai que facer un seguro, facer contratos e que despois responde a persoa, e cada vez atopas menos xente disposta a iso. Moitos pobos nos que non hai ese grupiño de xente que teña esa chispa, pois se perde. Nós estamos animando a todos os pobos que teñan a súa festa. Se non son capaces de facer unha festa con orquestra, polo menos que manteñan a idea de comer. A idea que dixemos antes da cena do venres no medio da praza, trasladala ás aldeas para que a xente sexa unida e nós dende o Concello lle damos apoio loxístico, e a todos os pobos que nos piden apoio lle deixamos o palco, as mesas, etc... e as aldeas que teñen unha asociación constituída teñen a posibilidade de pedir unha subvención ó concello de seiscentos euros. A demostración máis clara vímola fai uns días ca Festa da Tapa en Chaioso. Unha idea nova ésta das bodegas. Nese pobo hai unha asociación moi activa que organiza festas e o resultado é un pobo menos enfrentado, porque a festa sempre leva a curar rencillas, e fai un pobo máis participativo.
- Maceda nestes meses multiplicará a súa poboación flotante e aumentará ó número de vehículos circulando polas rúas. ¿Empregarase, como nos dixo o pasado setembro, o sentido único de circulación no centro da vila durante todo o verán? Si é así ¿Dende que data e ata cando?
- Maceda ten un defecto de fabricación, por decilo dunha maneira fácil de entender. Temos unha rúa principal un pouco estreita. A todos nos gustaría agora estirar as casas para atrás e facer unha rúa moito máis ancha. Pero facer unha rúa máis ancha non para que pasen máis coches, se non para que os coches que teñen que pasar, porque é inevitable a día de hoxe. Si se me ocorrese a idea de peatonalizar o centro da vila, botaría na Alcaldía quince días máis, porque me botaría o pobo, vamos ser realistas. Hai que adapta-lo para os coches. Co dobre sentido temos atascos e hai que prohibir o estacionamento. Se prohibimos o estacionamento os comerciantes e os bares protestan porque repercute negativamente nos negocios. Se por min fora poría sentido único xa mañá. ¿Cal é o problema? Que estas medidas hai que facelas pouco a pouco. Este ano a nosa idea é poñelo dende o un de agosto ata despois das novenas. Estamos preparando o tema dos sinais. O finalizar as novenas máis persoas comprobarán que funciona ben e os que non están aínda convencidos verán que todo volverá a normalidade. Do que se trata é que pouco a pouco a xente se vaia acostumando e ver que é a opción ideal. Aproveitando o tema, dicir que comezarán as obras na rúa que vai do Concello ata Correos. Pedín unha subvención que nos veu aceptada para facer unha rúa na que estarán demarcados os sitios dos postos para a feira. Os días que non hai feira aproveitarémolos para aparcadoiros. Co cal a vila con sentido único onde se pode aparcar dende o cruce dos Milagres ata a farmacia, e unha rúa céntrica para aparcar. Penso que con iso xa lle deches unha volta importante a vila en canto a infraestructura automobilística, e resolto o tema do tráfico.
- Aproveitando esta fiestra aberta a todo o mundo dende calquera lugar. ¿Qué se lle pode dicir a alguén, para que veña a veranear a Maceda?
- Toda a obriga dun Alcalde é falar ben do seu pobo. Eu non vou caer tanto neso. Eu viría a Maceda porque temos un entorno incrible: un castelo, un paseo fluvial de máis de tres quilómetros de percorrido, e un entorno paisaxístico o redor moi importante: A Serra do San Mamede, Os Cañóns do Sil, Xunqueira, Esgos, Allariz. Todo o mundo cando facemos turismo chegamos ó hotel e miramos nun radio de trinta ou coarenta quilómetros de radio. Nesa semana vemos o máximo posible. Se facemos eso dende Maceda veremos que temos un montón de cousas para ver. Se botamos imaxinación temos a praia a unha hora e pico de viaxe. Próximamente abrirase outra casa de turismo rural que xunto coa que xa hai e o castelo cando se poña novamente en funcionamento, penso que teremos unha boa oferta turística.
- Para rematar e en relación coa súa vida na vila. ¿Qué recordo ten de Maceda na súa infancia?
- Eu do que máis me recordo cando era pequeno, era cando Maceda aínda estaba virxe. Estaba sen maltratar urbanísticamente. Sen ter estes destrozos urbanísticos que se lle deron na época despois dos oitenta e mediados dos noventa. Eso é a lástima que me dá: ver hoxe estes tremendos edificios en Maceda e que nos fan tanto dano no sentido turístico, aínda que xa por desgracia estamos tan acostumados a velo, que xa non nos asustamos. Eu creo que esa é a parte que máis lembro. Se o Alcalde hoxe tivera o poder de viaxar no tempo para cambiar algunhas cousas eu evidentemente devolvería a Maceda ós anos setenta. Tamén recordo a cantidade de comercios e de vida que tiña Maceda daquela.
|
|
| |
 |
Login |
 |
|
|
¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.
|
|
|
 |
 |
Votos del Artículo |
 |
|
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
|
|
|
 |
|