O sábado a Poio (Pontevedra) e o domingo a Santiago de Compostela (A Coruña)
O sabado 21 de xuño, os corredores da categoría cadete do CC Maceda- Escola Ciclismo JA Hermida desprazaronse a Poio a disputar unha proba do Open Galego BTT , destacando o 5º posto de Iago Garcia na categoría de cadete.
O domingo 22 de xuño, celebrouse en Santiago de Compostela, concretamente no monte Pedroso a 3ª proba do Open Galego de Mini BTT – Xira Caixanova. Ate alí se desprazou o CC Maceda – Escola de ciclismo JA Hermida con máis de 20 corredores e corredoras, acadando uns moi bos resultados, a máis de pasar unha xornada agradable.
Resultados:
Infantil
2º Marco Villar Perez CC Maceda
Alevín
1º Ruben Garcia CC Maceda
2º Ivan Conde CC Maceda
3º Adrian Gavilanes CC Maceda
Benxamíns
2º Roman Saa CC Maceda
1ª Africa Garcia CC Maceda
Principiantes
3º Breixo Atrio CC Maceda
1ª Noela Saa CC Maceda
Despois destes resultados os corredores Ruben Garcia, Africa Garcia, Breixo Atrio e Noela Saa encabezan a clasificación do Open Galego de Mini BTT nas suas respectivas categorías, portando os maillots de lideres.
A vindeira proba terá lugar en Ponteareas.