En una nota remitida a los medios de comunicación por Xabier Oviedo, alcalde de Maceda, se informa del estado de algunos proyectos de interés.
El comunicado se publica tal cual se ha recibido:
"Comunicacións Alcaldía:
Dende a Alcaldía estamos dando os primeiros pasos para a creación do futuro Parque Empresarial de Maceda como medio de desenvolvemento económico fundamental para o futuro de Maceda, dada a proximidade co futuro Parque dá Rabeda e dada a proximidade coas vías de comunicación fundamentais como a A.52 e mesmo coa capital Ourense, agora que se acaba de autorizar a inversión da estrada OU-101.
Como alcalde me sinto moi satisfeito destes pasos que demos nos primeiros 12 meses de goberno bipartito en Maceda, agora que a tan esperada OU-101 é unha realidade, logro do cal algúns nos facemos participes principais por tratarse de algo tan demandado polo noso grupo Municipal nestes 25 anos de permanencia na vida política de Maceda, primeiro como oposición e agora no goberno.
Témonos que felicitar todos de que a Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia se faga eco desta necesidade para Maceda, dunha vía de comunicación para o futuro económico de Maceda, lonxe quedan xa os tempos nos que só o noso grupo consideraba a estrada OU-101 como unha necesidade elemental, e así o demostrou en diversas movilizacións.
Xabier Oviedo
Alcalde de Maceda"