Pontevedra e Boiro foron os destinos do Club Ciclista Maceda
Este fin de semán foi intenso para o CC Maceda- Escola Ciclismo JA Hermida, xa que o sabado pola tarde desprazaronse a participar na primeira proba do Open Galego de Mini BTT en Pontevedra. Para participar nesta primeira proba desprazaronse 15 corredores e corredoras , das diferentes categorias , destacando os resultados de Ruben Garcia que quedou terceiro clasificado na categoria de Alevins, e de Breixo, 1º na categoria de Benxamins, asi como Noela Saa, 1ª en Benxamins femeninas.
Xa o domingo, parte dos corredores e corredoras da Escola desprazaronse a Boiro a disputar a final Galega de Duatlón Escolar; a esta final chegaban os corredores e equipos que se tiñan clasificado nas fases provinciais. Na categoria Cadete, o corredor Pablo Rodriguez, acadou a 3ª posición , e Iago Bua a 6ª , quedando 3º por equipos; na categoria alevin, destacar o 4º puesto por equipos.
Ver imaxes