Coplas dos Maios de 1993
Enviado porAlberto el 02/05/2008 07:01
Contribución de Alberto
Retrocedemos a hai quince anos para recordar a xentes e acontecementos que sucederon daquela, contados dunha forma irónica.
Comezamos o mes de maio e nestes días celébranse en Ourense os Maios, coas súas tradicionais coplas. Esta semana a nosa visita ó baúl dos recordos rescatamos as coplas dos Maios que daquela se elaboraron polo equipo de Radio Maceda, do que hai que destacar a Ambrosio Borrajo e a Cali. Vendíanse a máis ou menos cen pesetas, para axudar a financiar da Asociación Cultural e a propia emisora.
As coplas son composicións poéticas, polo xeral de catro versos, para ser cantadas. Seguramente no arquivo de Radio Maceda haberá algunha destas gravacións, xa que a parte de venderse tamén se cantaban na radio.
Como veredes fálase de persoas que hoxe en día xa non están na vida política estatal, autonómica e municipal pero que permanecen no recordo de todos. Noméanse historias dos municipios da comarca como Baños de Molgas, Vilar de Barrio e Allariz.
Se despois de votarlle unha ollada, se che ocorre algunha copla para este ano, remítenola e entre tod@s elaboraremos as Coplas dos Maios de 2008.
Esperamos que disfrutedes co recordo e sobre todo que botedes unhas risas.
COPLAS DE RADIO MACEDA 1993
Eiqui chega o maio cuberto de froles e dalle un saúdo as señoras e señores
O Manolo Fraga ten moito olfato e dí có Beiras cheiralle o zapato
Os da Xunta de Galicia se non o vexo non o creo taparon o Pórtico da Gloria no ano Xacobeo
O Deportivo está imparable: é un bó ejemplo da Galicia exportable
O Manolo Fraga acaba de inventar un novo imposto por contaminar
Os pobres galegos xa están ata o pescozo e agora pagarán pola auga do seu pozo
O presidente galego non ten temores: viaxa moito mais co Ministro de Esteriores
Na Deputación de Ourense non hai caudales: queimaronos todos nas Municipales
Os choios do Hospital encontraron solución pois era unha vergonza tanta recomendación
Se no caso Filesa o PSOE ten implicación esiximos co Felipe presente a dimisión
O Jose Mª Aznar en todo ve corrupción, e no Grupo Popular ten merda a montón
Temos na política tíos moi listillos debían ter a cara limpa e tamén os calzoncillos
No concello de Molgas sempre pasa o mismo dan-lle o choio ós familiares isto é nepotismo
O PP de Molgas sufre indigestión dende co PSOE lle fixo baixa-la contribución
Estamos moi contentos teremos pavillón dos bos. Mais contento está o Darío cos doce millós
A auga que bebemos é un gran tesoro por iso o alcalde nos lle bota cloro
O Alcalde de Molgas agora colleu medo dende que foi de fuciños na zanxa de San Pedro
O Santa Mónica é un tío moi correcto dende que é alcalde xa mide dous metros
Por máis que traballe, e bruie máis ca unha moto: ha-lle de vir o Eduardo para poñerselle na foto
O Toño de Almoite é un tío moi listo: non se pasou ó PP, ingresou no grupo mixto
O pobo de Ponte Ambía está rezando un rosario pra que lle arreglen as rúas pois parecen un calvario
|
Tolearon no Concello, tolearon de tal maneira, que nos mandaron recibos de lixo polas palleiras
Os centristas fugados no PP están a gusto: non lle derón nengún mando, o único que fan é bulto
Ó sobriño do Alcalde as boas obras lle dan e os outros contratistas os osos chuparán
Os veciños de Almoite loitar valeulles a pena deben auga cristalina e non meda de Maceda
Á señora Pura de Froufe o alcantarillado non llo fan o responsable é COBURSA i Eduardo Laherrán
Inventou o novo alcalde unha medida de terror: se non lle das o número de conta precíntache o contador
Están os de Vilariño moi adoecidos: non lle buscan manantiales, prométenlle auga do rio
A representante do PSOE un Corsa acaba de estrear, como soio e Concelleira tense que conformar
O Eladio de Brandín é Centrista verdadeiro, se non casa este ano pagará por ser solteiro
A cabalgata de Reis é un proxecto imaxinario: a cultura en Molgas é a golpe de talonario
Na nosa Biblioteca temos un bó empregado se tú tes necesidade incluso che abre o sábado
O Alcalde de Molgas está moi remozado pois tinguiu o pelo de color acastañado
O recibo do lixo é un barbaridade: o PSOE e as firmas baixaron á metade
Na rúa do Reconco rebaixaron a acera pra que meta o coche o médico de Maceda
O programa O Fiadeiro deixou de falar porque dín que ó Cali o querían presionar
Eu ordeno e mando dixo a Mariluz: Cortáronlle o teléfono ó Centro de Salud
Cos de Radio Maceda non vaias nen te metas, cando foron á Expo esqueceron duas maletas
Os Centristas de Maceda pasáronse por nada en vez de puta barata mellor é ser Muller honrada
O cura de Maceda é un home moi sensato e cos seus feligreses fai obras de teatro
Os do PSOE de Maceda ten-nos que explicar como un concelleiro dous anos pode faltar
Cando falo ca Alcaldesa saio que trino e vénseme á memoria: ¡Qué bó era o Mino!
|
Preguntoulle o Bieito: ¿Cántas pernas ten un neno? A resposta da Alcaldesa daráse noutro pleno
Nos plenos de Maceda non hai nada que tratar, tamén os concellais non debían cobrar
Na nova circunvalación coidadiño dando vaias ten un par de curvas e igual te escarillas
Querían ampliar as estradas que saían de Maceda. Quedaron medio arregladas e ata lles creceu a herba
Inocencio e os labregos tiñan a carroza mellor sonaba moi ben o carro e a xente saía os balcós
A Cruz Vermella séntese ultrajada porque a Alcaldía fixo unha trangallada
A antena desta Radio váise ir á Palela e oiremos na provincia a Radio Maceda
A Alcadesa de Maceda levoulle a Santa Clara un camión de ovos pra que pronto a casara
No PP de Maceda hai moita tensión pois incluso o Mino presentou a dimisión
Cos disfraces do Entroido non te formes un lío, se atópas un ingenioso seguro que é o Darío
Nas festas do San Pedro houbo moita atracción o Zirollo e a Alcaldesa bailando Rock & Roll
Ó representante do Bloque non queren entender o que dixo pois pide pra Vilar de Barrio unha estación de servicio
A alambrada do colexio está escarallada e ás autoridades non lle importa nada
No colexio de Barrio os nenos están mollados; se non lles cambian a fonte seguirán acatarrados
Señor Alcalde diga o que queira o parque público non é da gasolineira
No patio do colexio hai penedos agrandando. A palabra do Julio o vento a está levando
Cos alcaldes da comarca teño que tapar o nariz, soamente se salva o alcalde de Allariz
O Alcalde de Allariz é todo un portento do vello Allariz fixo todo un monumento
A tódo-los oíntes querémos-lle decir: Non quixemos ofender, senón só divertir
|
|
|
| |
 |
Login |
 |
|
|
¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.
|
|
|
 |
 |
Votos del Artículo |
 |
|
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
|
|
|
 |
|