Interesante programa da Radio Galega emitido o pasado sábado, no que se poden descubrir as viaxes do antigo navegante macedán
Mil Ribeiras, tivo como invitado a Santiago Prol, macedán que coñece moi ben a vida de Joao da Nova. Nun programa adicado os mariñeiros galegos secuestrados nas augas de Somalia. Unhas augas exóticas nas que antano xa houbo presenza galega. Presenza que foi a de Joao da Nova de Maceda nas súas grandes viaxes como navegante e dirixindo a terceira expedición a India.
No enlace atoparás a programación do día 26 de abril. Tes que buscar Mil Ribeiras as 13:05. O programa comeza no minuto 5:54 e Santiago Prol intervén dende o minuto 22:00.