Bienvenido a MacedaVirtual, Portal sobre Maceda (Ourense)
Pro-Autovia A-76
Buscar


MacedaVirtual.com
Visitantes:
· El Tiempo
· Foros/Charlas
· Libro Visitas
· Consulta E-Mail
· Quienes Somos
· Maceda en Google Maps
· Ruta hasta Maceda

Webs Locales:
· Santirso
· Chaioso

Radio Maceda

Principal
· Portada
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contactar
· Descargas
· Documentación
· Encuestas
· Enlaces
· Enviar Noticias
· Foros
· Galería de Fotos
· Preguntas Frecuentes
· Recomiéndanos
· Top 10
· Tópicos
· Tu Cuenta

Idiomas
Selecciona Idioma de la Interfaz:

English Galego Spanish

Fotos Aleatorias

070610_Corpus_Figueiroá_04.JPG
070610_Corpus_F ...

080419_Albricias_Directiva_11.jpg
080419_Albricia ...

080817_Feria_Medieval_27.JPG
080817_Feria_Me ...

festadabici_07_020.jpg
festadabici_07_ ...


Photo Gallery


 
Noticias y Prensa O IGAPE promove usar as tecnoloxías para mellorar a competitividade
Enviado porAdmin el 30/04/2005 20:30
Contribución de Admin

Publicado en Xornal.com el 30/4/05

Maceda acollerá os próximos días 10 e 11 de maio un seminario promovido polo Igape para facilitar o acceso e o uso das novas tecnoloxías polos directivos, xestores ou empresarios como ferramenta para impulsar a competitividade empresarial. O encontro, que se organiza contando coa colaboración dos concellos de Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Espadañedo e Esgos, forma parte dun ambicioso ciclo que comprende 60 seminarios divulgativos específicos para difundir entre as Pemes de toda Galicia o uso de ferramentas como internet, o correo electrónico ou as webs de carácter empresarial.

XORNAL Santiago .- Con oito horas de duración e carácter gratuíto, o seminario desenvolverase na casa consistorial do Concello de Maceda. Impartirase en dúas xornadas, en horario de tarde de 16:00 a 20:00 horas. Os interesados en participar deben inscribirse previamente, o que poden facer dirixíndose o nº tf: 988463001 ou a través do correo electrónico: concellodemaceda@yahoo.es

Este ciclo de seminarios impulsados polo Igape para difundir o uso das tecnoloxías da información nas empresas está previsto que chegue a todas as comarcas galegas. O Igape promove este ciclo de seminarios desde o convencemento de que as novas tecnoloxías da información son de capital importancia para facilitar novas relacións individualizadas entre productores e clientes, pero tamén pode ser unha ameaza para aquelas empresas que non saiban valerse delas nos seus procesos.

Entre outros contidos, nestes seminarios abordaranse aspectos relacionados coa utilidade empresarial de Internet, as vantaxes do uso do correo electrónico ou a utilización de diferentes webs de interese empresarial: promocións empresariais, servicios de información, comercio electrónico, banca electrónica, etc. As posibilidades de utilización axeitada destas tecnoloxías na empresa comprenden dende a reducción de custos ata o incremento do valor engadido para productos e servicios, pasando pola reducción de riscos.

EN 2004 HOUBO 60 SEMINARIOS NOS QUE PARTICIPARON 734 EMPRESARIOS.- O desenvolvemento destes seminarios promovidos polo Igape faise contando coa colaboración de organismos intermedios ou entidades de promoción económica local. En total, na convocatoria de 2004 leváronse a cabo 60 seminarios nos que participaron 734 empresarios, técnicos ou xestores de Pemes de toda Galicia.

Noticia original en Xornal.com

 
Login
Nick

Contraseña

¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.

Enlaces Relacionados
· Más Acerca de Noticias y Prensa
· Noticias de Admin


Noticia más leída sobre Noticias y Prensa:
Elecciones Municipales 2007 - Información de interés


Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo Enviar a un Amigo


"Iniciar Sesión" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
Web basada en PHP-Nuke

Todos los logos y marcas en este sitio son propiedad de sus respectivos autores y propietarios. Los comentarios son propiedad de sus propios posteadores.
Todos los demás contenidos © 2005 por MacedaVirtual.com / Asociación Cultural y Recreativa RADIO MACEDA (CIF: G32104481)
Puedes recibir nuestras noticias utilizando el archivo backend.php mediante cualquier programa lector de noticias en formato RSS.
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Página Generada en: 0.51 Segundos