Emitidos no Telexornal Mediodía e Serán do 8/04/08
O conflicto lingüístico nas nosas escolas centra o debate nunhas xornadas que se celebran de xeito simultáneo nas sete principias cidades galegas. As xornadas teñen como obxectivo facer unha análise crítica sobra a educación en Galicia e a súa influencia na evolución da sociedade.
Atopámonos no colexio de Maceda. Nestas aulas escoitar o galego é habitual, menos cando toca clase de lingua castelá. Fano porque é o que están acostumados dende que eran uns cativos. O galego é a lingua que falan seus avós e seus pais e a que escoitan e utilizan na casa e nas aldeas onde viven.
Ana María Marino – Profesora de sexto de primaria – “Penso que en tódolos colexios rurais o galego está practicamente introducido sen problema ningún”
Pero neste colexio non todos son de aquí algúns nenos chegaron dende países como Suiza, Uruguay ou Rumanía.
Os rapaces din ademais que a cousa cambia cando visitan Ourense, contan que nas cidades é máis raro escoitar falar a xente en galego.
Ver aquí Telexornal Mediodía – http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=34
Dende o minuto 22:26 ata o minuto 25 do telexornal.
Ver aquí Telexornal Serán - http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=35
Dende o minuto 24:59 ata o minuto 26:37 do telexornal.