Bienvenido a MacedaVirtual, Portal sobre Maceda (Ourense)
Pro-Autovia A-76
Buscar


MacedaVirtual.com
Visitantes:
· El Tiempo
· Foros/Charlas
· Libro Visitas
· Consulta E-Mail
· Quienes Somos
· Maceda en Google Maps
· Ruta hasta Maceda

Webs Locales:
· Santirso
· Chaioso

Radio Maceda

Principal
· Portada
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contactar
· Descargas
· Documentación
· Encuestas
· Enlaces
· Enviar Noticias
· Foros
· Galería de Fotos
· Preguntas Frecuentes
· Recomiéndanos
· Top 10
· Tópicos
· Tu Cuenta

Idiomas
Selecciona Idioma de la Interfaz:

English Galego Spanish

Fotos Aleatorias

070610_Corpus_Figueiroá_02.JPG
070610_Corpus_F ...

060722_Piscinas_Maceda_05.JPG
060722_Piscinas ...

060812_tatttoo_galego_19.jpg
060812_tatttoo_ ...

070610_Corpus_Figueiroá_08.JPG
070610_Corpus_F ...


Photo Gallery


 
Noticias y Prensa Os veciños voltan ao castelo
Enviado porJoseJuan el 27/01/2008 14:22
Contribución de JoseJuan

Artículo publicado en La Voz de Galicia el 27/01/08

A fortaleza de Maceda acolleu a primeira actividade feita polo Concello: unha charla sobre Educación para a cidadanía

O castelo de Maceda foi escribindo a súa historia vencellando a súa existencia a grandes nomes. Hai séculos acollendo a Alfonso X o Sabio -que como lembran nos artigos que estaban á venda na fortaleza «aquí pasou a nenez e aprendeu o galego que lle serviría logo para crear as Cantigas de Santa María»- e vendo como se formaba nestas terras o que logo sería o grande descubridor Joao de Nóvoa. Logo sendo solar da Casa de Alba, que acabou por acceder ás pretensións do Concello de Maceda para recuperar o que xa era unha mágoa de pedras arrombadas. En tempos máis recentes, tal que o pasado ano, o castelo de Maceda volveu ser un enclave de referencia e de grande repercusión mediática grazas á resistencia heroica de Dona Celsa, muller de armas tomar que aturou o asedio dos políticos e veciños de Maceda, na defensa dos intereses do seu fillo -nais como Dona Celsa non hai máis que unha- e da concesión da explotación da fortaleza como hotel monumento. Dona Celsa e os seus fillos decidiron voltar á casa polo Nadal, e que a Xustiza resolva os litixios pendentes.

Cita cultural

Co castelo outra vez baixo o escudo de armas do Concello de Maceda, e co alcalde Xabier Oviedo Rodríguez como autoridade máxima da fortaleza, quedaba por consumar a reivindicación que foi centro de atención durante semanas: voltar o monumento ós veciños. E que mellor argumento que unha cita cultural, protagonizada neste caso polo profesor e investigador Xosé Manuel Cid, para que os cidadáns de Maceda se atopasen de novo co seu patrimonio.

Representantes políticos -o alcalde Xabier Oviedo e a tenente de alcalde Ana María Rodríguez, así como varios concelleiros-, o escritor Ramón Caride Ogando, o historiador Santiago Prol, ou o delegado da Consellería de Cultura en Ourense, Xosé Carlos Sierra, entre outros, foron algúns dos que se diron cita onte na fortaleza.

Formar en valores

Xosé Manuel Cid, o decano de Humanidades de Ourense, foi o protagonista da primeira actividade desenvolvida no castelo recuperado para o uso dos veciños de Maceda. A conferencia ía ser impartida antes do Nadal «cun profesor de Compostela e máis eu, aínda que non sei porque foi aprazada para estas datas».

Lonxe de polemizar co título da súa conferencia -sobre todo tendo en conta os posicionamentos enfrontados que se teñen producido nos últimos meses encol da asignatura de Educación para a Cidadanía- Xosé Manuel Cid apostou por mergullarse no cerne da sociedade e a civilización: «O temas fundamentais da Educación son os dereitos humáns, os valores e a cidadanía, niso temos que incidir para formar ós nosos cidadáns. Quizás estes son conceptos que hoxendía non están de moda, nun tempo no que priman os contidos científicos e a tecnoloxía, mais a educación son valores e temos que avanzar no aspecto humano, e non só no técnico».

O conferenciante tamén incidiu na historia dos movementos de renovación pedagóxica en Galiza e nos da educación para a paz «aproveitando que estamos a cumprir 30 anos deste movemento en Galiza e todo o que se faga para incidir no traballo pola paz é pouco», segundo aseverou en Maceda.

Ver noticia original en La Voz de Galicia



 
Login
Nick

Contraseña

¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.

Enlaces Relacionados
· Más Acerca de Noticias y Prensa
· Noticias de JoseJuan


Noticia más leída sobre Noticias y Prensa:
Elecciones Municipales 2007 - Información de interés


Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 4.5
votos: 2


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo Enviar a un Amigo


Tópicos Asociados

Noticias y Prensa

"Iniciar Sesión" | Entrar/Crear Cuenta | 1 Comentario | Buscar Discusión
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor

Re: Os veciños voltan ao castelo (Puntuación 1)
por anarcomaceda el 29/01/2008 08:41
(Información del Usuario | Enviar un Mensaje)
Soio unha cousa.

¿Por qué distas cousas é tan difícil enterarse se no eres afiliado do partido?

E que é a ostia, poderían avisar na páxina do concello. Xa lles vou mandar unha menxese os administradores do sito web.

No concello existe mais xente que a que está adoctrinada (lobotomizada) polos partidos-secta políticos. Ou viven grazas a les sen dar palo a auga.

Eu pensando que istes serían algo distintos..

En fin terei que pasar polo axuntamento para queixarme, calmadamente, con respeto e educación, non vaia ser que xa estén namorados da soberbia. Unha enfermidade que chega co poder un estatus maior na merda da escala social.

Saudos os da Maceda virtual. Sempre moi bo referente.



Web basada en PHP-Nuke

Todos los logos y marcas en este sitio son propiedad de sus respectivos autores y propietarios. Los comentarios son propiedad de sus propios posteadores.
Todos los demás contenidos © 2005 por MacedaVirtual.com / Asociación Cultural y Recreativa RADIO MACEDA (CIF: G32104481)
Puedes recibir nuestras noticias utilizando el archivo backend.php mediante cualquier programa lector de noticias en formato RSS.
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Página Generada en: 0.28 Segundos