Francisco Carballo es uno de los personajes ilustres de nuestra comarca y aprovechamos para dejar constancia de algunos de sus datos más relevantes como persona, profesor, teólogo, escritor y jubilado.

Su autobiografía, extraída de la Biblioteca Virtual Galega explica ampliamente sus orígenes y su historia:
Son de Celeiro de Asadur (Maceda-Ourense). Nacido o 8-III-1925. O cuarto de sete irmáns (catro homes, tres mulleres). Vivimos seis (catro homes e dúas mulleres).
Lembro a miña infancia como inocencia, xogo e escola. Fun á escola aos cinco anos; fixen a 1ª Comuñón aos seis. Montei a cabalo desde sempre —porque me levaban de neno e sabía montar desde os tres anos—.
Era unha infancia divertida: a escola tenra; as feiras de Maceda os 4 e os 20, unha ilusión; os xogos na "carreira" continuos; a familia, un fogar entretido. Perdín, por falecemento, a irmá maior cando tiña eu sete anos: foi moi amargo.
Aos 11 anos pedín ir estudar aos Milagres —un santuario cunha preceptoría a seis kms. da casa. No 2º curso, no vran, faleceu meu pai: moi duro trance. Seguín estudos.
Aos 16 anos optei por un noviciado de "paúles" en Madrid. Catro anos en Madrid máis catro en Cuenca de estudos filosófico-teolóxicos. No máis puro "nacionalcatolicismo", nun internado filosófico atroz, mentres o teolóxico resultou amábel. Presbítero aos 24 anos, 3-VII-1949.
Profesor de seminario —cursos de filosofía— e estudante de Historia na Complutense (Madrid). Licenciado no 1954 con Sobresaliente. Iniciei o doutorado a compatibilizar como director do colexio San Narciso de Marín, 1954-1958. Deste a Barakaldo, 1958-1965.
No 1965 rector do Teologado de paúles en Salamanca. Renovación teolóxica ao ar do Vaticano II. Así 8 anos decisivos para mudar de mentalidade.
1973 decidín voltar ao país. Vigo como domicilio; profesor da E.U. de Maxisterio e horas no Inst. Politécnico. Profesor e animador cultural, político e relixioso.
Actividade relixiosa na Igresa galega dos "Coloquios", de Irimia, etc. En Vigo había cregos obreiros e con eles vivín.
Actividade cultural directa no bairro e na A.C. de Vigo que presidín uns anos. Cofundador e presidente de Promocións Culturais Galegas, 1977, editora de A Nosa Terra. En política tomei parte na ANPG e no BNG.
Como escritor comecei en revistas relixiosas, nos anos 1946-49. Logo publiquei "O Santuario do Monte Medo", que se esgotou, nos anos 60. Ademais dos libros referidos na bibliografía, en Salamanca editei: A oración cristiana na "Enciclopedia do Catolicismo e a Congregación da Misión - PP. paúles, en EPESA. TEÑO VARIAS MONOGRAFÍAS EN NºS EXTRA DE ANT, ENSAIOS EN REVISTAS INTERNACIONAIS ETC. ESCRIBO SEMANALMENTE NO PERIODICO ANT RESEÑAS DE LIBROS OU/E COLUMNAS. DESVELEI A MIÑA INTERIORIDADE EN "CONVERAS CON FRANCISCO CARBALLO", obra de S. Prol e X. Carballa. A iso me remito. Toda a miña actividade podo dicir que está sempre arredor da historia, da reflexión teolóxica e do vivir dun galego crente. Mais amo a montaña, o mar, o silenzo das noites de luar e os días de choiva quente. Pero só en casos isolados tentei o ensaio literario e nen siquera o conservo.
Nos artigos en ANT e en varios outros medios, procuro combinar pensamento e bo expresar. Teño consciencia da lingua galega na que me ubico e que debo ocoñecer e usar con rigor e estilo.
Conservei o diario "de melancolía e soños" desde os 16 anos, que, aos sesenta, botei ao lume; gardo algo dos anos 1963 e seguintes. Nos anos 1990 redactei unhas Memorias que serviron a Prol e Carballa para as "Conversas"; de vez en cando prosígoas.
Vivo no Morrazo desde que me xubilei como profesor. Comparto casa con paúles; estou activo: ministerialmente coa pequena Igrexa galega de Irimia; culturalmente, con colectivos v.g. Fundación Joan Maragall, Maio Longo (Pontevedra), Pedra Longa (Marín), ANT e outros; intencionalmente, co BNG. Intento dar remate a unha monografía s. XVI de Galiza e a un ensaio cristián sobre "inserción do cristinanismo" na nación.
Son asiduo de canto virtual se publica en galego, e non virtual por suposto; coñecía a BVG e felicítovos por tal facto. Inda que son da A. de Escritores en LG, non creo literatura e non me considero chamado a tan egrexia categoría de creadores literarios. Gosto da investigación e acepto o ensaio como diálogo cos lectores.
[Marín, 8-XI-2004]
Os ponemos a continuación un enlace a la sección de la Biblioteca Virtual Galega en la que podremos consultar sus obras y Novedades:
BVG: Francisco Carballo
Asociación de Escritores en Lingua Galega