Publicado en La Voz de Galicia el 11/11/07
Na cidade, entre quenes fixeron magosto estaban os rapaces de Amencer, que subiron ata os terreos do Seminario onde disfrutaron do sol e dos bullotes. Fozaron entre eles pintándose cos tizóns e disfrutaron.
Máis de duascentas persoas participaron do magosto de A Rúa Vella. Organizaba a comisión de festas que ofreceu chourizos cocidos, orella de porco, viño e castañas a cambio dun vale de cinco euros. Os rueses aproveitaron o último magosto oficial da zona, onde tampouco faltou a música a cargo dunha charanga. A festa alongouse ata pasadas as dez da noite e foron as castañas asadas as responsables de que o frío fose máis levadeiro.
Maceda
En Maceda houbo festa rachada con charangas e varias fogueiras. A xente divertiuse na praza das Toldas. E en Xinzo pasou o mesmo na praza de Oriente. En cada recuncho da provincia non falta quen fixera un asado de castañas, xa fose nun patio, nunha esquina dunha rúa ou nas casas. En Parada do Sil estrearon a ruta da castaña para os sendeiristas por aquelas paraxes da Ribeira Sacra. En Baños de Molgas o magosto da asociación de veciños foi correspondido polos asistentes á festa.
Toda a provincia vólcase co produto por excelencia deste tempo e incluso os maiores de 50 anos universitarios galegos que onte se reuniron en Ourense degustaron a castaña asada no xantar. Coo en Celanova, coa asociación Castromao, que tamén alegrou a noitiña na vila.
Ver noticia original en La Voz de Galicia