Bienvenido a MacedaVirtual, Portal sobre Maceda (Ourense)
Pro-Autovia A-76
Buscar


MacedaVirtual.com
Visitantes:
· El Tiempo
· Foros/Charlas
· Libro Visitas
· Consulta E-Mail
· Quienes Somos
· Maceda en Google Maps
· Ruta hasta Maceda

Webs Locales:
· Santirso
· Chaioso

Radio Maceda

Principal
· Portada
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contactar
· Descargas
· Documentación
· Encuestas
· Enlaces
· Enviar Noticias
· Foros
· Galería de Fotos
· Preguntas Frecuentes
· Recomiéndanos
· Top 10
· Tópicos
· Tu Cuenta

Idiomas
Selecciona Idioma de la Interfaz:

English Galego Spanish

Fotos Aleatorias

080815_Carreira_Neves_71.JPG
080815_Carreira ...

060624_Celebración_XX_Aniversario_Albricias_35.JPG
060624_Celebrac ...

061111_Magosto_03.JPG
061111_Magosto_ ...

070303_Cena_Futbol-sala_04.JPG
070303_Cena_Fut ...


Photo Gallery


 
Noticias y Prensa Ourense arde polo San Martiño
Enviado poradmin el 11/11/2007 17:35
Contribución de admin

Publicado en La Voz de Galicia el 11/11/07
Asociacións e grupos de amigos celebraron o sábado con saídas ó monte ou ás rúas a asar castañas

 O tempo acompañou e o día, sábado, tamén. Xa desde primeiras horas da mañá víanse nas rúas da cidade grupiños de xóvenes ataviados con bolsas de viandas para subir en roupa deportiva ó monte a facer o magosto, tradición imprescindible nesta terra nestas datas do San Martiño. Baños de Molgas, Maceda, Pobra de Trives, Xinzo e tantas outras vilas e aldeas da provincia fixeron a súa festa onte. Correron as castañas asadas, os chourizos, a carne ó caldeiro, o viño e os doces como a bica dabondo.

En Allariz comezaba onte a doceava Feira do Outono cun cheo de xente no pavillón onde hai máis de corenta expositores chegados da comarca e doutros puntos da provincia como é o caso de Petín con cogomelos, augardente e mel. A vila está animada grazas a esta convocatoria xa veterá que atrae a moito público. Todos tipo de alimento de temporada podíase comprar nos postos ben colocados, desde vexetais ata queixos, doces, castañas, pan artesanal, licores ou libros que teñen que ver co tema da feira.

Na sala da vella Praza de Abastos está a mostra dos cogomelos e o obradoiro de cestería dos artesáns do Val de Lobeira. Como non chove, hai problemas para amosar exemplares de cogomelos en vivo. Pola tarde deu unha conferencia o enxeñeiro Xaime Blanco, do grupo de traballo que estuda os fungos ameazados. Blanco falou do Clitocybe Alaricensis , cogomelo exclusivo desta Reserva da Biosfera. «É unha especie que atopei en exclusiva nesta terra no ano 2005 e é agora cando a publicamos, dándoa a coñecer a todos», sinalou o poñente. Distínguese este fungo polo seu forte cheiro espermático e por ter como rareza as esporas de cor ocre e pardo. Seu sabor, dixo o experto, é desagradable. Non é un cogomelo comestible.

O experto disertou tamén sobre seis especies de fungos que están en perigo de extinción e tamén se atopan na terra alaricana. «Tres deses fungos están na lista das 33 especies ameazadas segundo o Convenio de Berna e hai outras tres que se atopan no borrador da Península Ibérica como lista vermella», engadiu Xaime Blanco.

Pola noitiña houbo contacontos con Pepe Penabade e Cándido Pazó seguido dun cátering a base de castañas e produtos de outono. Pola noite inda houbo concerto da Compañía do Ruído no Roi Xordo. E nos restaurantes son moitos os que degustan estes días o menú de temporada co que Allariz sorprende ó visitante.

Ver noticia original en La Voz de Galicia



 
Login
Nick

Contraseña

¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.

Enlaces Relacionados
· Más Acerca de Noticias y Prensa
· Noticias de admin


Noticia más leída sobre Noticias y Prensa:
Elecciones Municipales 2007 - Información de interés


Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo Enviar a un Amigo


"Iniciar Sesión" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
Web basada en PHP-Nuke

Todos los logos y marcas en este sitio son propiedad de sus respectivos autores y propietarios. Los comentarios son propiedad de sus propios posteadores.
Todos los demás contenidos © 2005 por MacedaVirtual.com / Asociación Cultural y Recreativa RADIO MACEDA (CIF: G32104481)
Puedes recibir nuestras noticias utilizando el archivo backend.php mediante cualquier programa lector de noticias en formato RSS.
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Página Generada en: 0.27 Segundos